Os Maios 2024

| Do venres 3 ao domingo 5 de maio. 2024
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Os Maios 2024

Mostra dos Maios realizados polas asociacións culturais e veciñais e os centros de ensino do Porriño


Un total de 22 maios serán instalados durante a mañá do venres, feitos por diversas entidades sociais, culturais e educativas do municipio, como xa é tradicional.

O sábado pola tarde, a partir das 18:30 horas comezarán as actuacións de diversos grupos folclóricos das asociacións culturais e veciñais do Porriño: o Grupo de Gaitas da Asociación de Veciños de San Salvador de Torneiros, Grupo de Gaitas Asociación Cultural San Xurxo de Mosende, o Grupo de Gaitas e o Grupo de Baile da Asociación Cultural Os Penediños de Atios, o grupo de acordeóns Acordecans, o Grupo de Gaitas Nordesía e o Grupo de Cantareiras Vaiche Boa de Pontellas.


Os Maios é o nome da festa popular galega que forma parte do chamado ciclo de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera, cuxos orixes se remontan ás civilizacións prerromanas.

Adóitase celebrar a principios de maio. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos ao redor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.

O sábado 4 de maio está prevista a actuación dos grupos folclóricos das asociacións culturais e veciñais do Porriño, música e Maios na praza Arquitecto Antonio Palacios.



Cabecera-web-ecultura.png