Festa Pre-Fin de Ano 2022

ACTUALIZACIÓN: nova localización

| Venres 30 de decembro. 2022
Praza Arquitecto Antonio Palacios Rúa Domingo Bueno (instalarase unha gran carpa)

Festa Pre-Fin de Ano 2022

O Porriño prepárase para despedir o 2022 por anticipado. Un ano máis, despediremos o ano por adiantado cunha cita xa convertida en tradición na Louriña. Ante as previsións meteorolóxicas a celebración do Pre Fin de Ano no Porriño trasládase á rúa Domingo Bueno. Alí, instalarase unha gran carpa de preto de 1.000 m2 que acollerá todas as actividades da programación.

Será o venres 30 de decembro e desta vez, a celebración ocupará todo o día con con actividades para todos os públicos, dende os máis pequenos ata os maiores.

A festa dará comezo ás 11:30 h da mañá cos pequenos e pequenas como protagonistas xa que terán o seu Pre Fin de Ano Infantil con actividades e animación a cargo das As Maimiñas, unha sesión DJ Mini e concurso de atuendo polo que é importante que veñan ben elegantes para participar. Por suposto, as doce badaladas soarán para despedir o ano a cargo do grupo porriñés King Kids, que farán unha previa do concerto que ofrecerán pola tarde. Haberá cotillón especial para todos!.

Arredor das 19:00 h dará comezo o concerto dos King Kids e de seguido comezará a soar baixo a carpa a música das rondallas de Atios e Pontellas. Pero a festa non para e de seguido comezará a soar a música da orquestra La Fórmula que, xunto a actriz Rebeca Stones e ao reputado dj Michael Chenlo, que actuará despois, serán os encargados de de dar as badaladas coas que diremos adeus ao 2022 e recibiremos o novo ano. Por suposto haberá uvas e cotillón para facelo por todo o alto.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, aproveitou para convidar a todo o mundo “a despedir xuntos no Porriño este ano e, sobre todo, a recibir o que entra con ilusión e ganas de facelo inesquecible”.


As Maimiñas

As Maimiñas


King Kids

King Kids


Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas

ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL RONDALLA DE PONTELLAS


Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios

RONDALLA DA ASOCIACIÓN RECREATIVA SANTA EULALIA DE ATIOS


Orquestra La Formula

Orquestra La Formula


Rebeca Stones

Rebeca Stones


DJ Michael Chenlo

DJ Michael Chenlo


Festa Pre-Fin de Ano 2022


Cabecera-web-ecultura.png