Festa Pre-Fin de Ano 2023

ACTUALIZACIÓN: novo horario e localización

| Sábado 30 de decembro. 2023
| A partir das 11:30 h (infantil) e a partir das 20:00 h 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios Rúa Domingo Bueno  » ver mapa (nova localización)

Festa Pre-Fin de Ano 2023

Un ano máis, o Concello organiza unha xornada, a deste sábado 30 de decembro, chea de actividades para todas as idades e xa dende a mañá.

Ás 11.30 horas dará comezo a festa infantil na que a cativada será a protagonista e terá o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pasarrúas de personaxes infantís. O grupo Xeración M, gañador do concurso “Este Nadal canta con nós” da CRTVG, será o encargado de abrir a festa. Non faltarán tampouco as doce badaladas, que soarán as 12 do mediodía, presentadas por Hernán Sío, neno do Porriño referente en ximnasia rítmica. E, de seguido, concerto infantil a cargo de “Ollo Piollo” da compañía Barafunda.

Arredor das 19.00 horas iniciarase a festa grande coa música de dj Donper e a das rondallas de Pontellas e Santa Eulalia de Atios que desfilarán polas rúas da vila. De seguido, sobre as 21.30 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e á medianoite volverán soar as doce badaladas, presentadas nesta ocasión por Raquel Atanes e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG. Haberá uvas, cotillón e chocolate de balde para todos os asistentes. Xa para pechar a noite, sesión dj con Samu Pexe e Pitty.


  • A partir das 11:30 h: Concerto de Xeración M, actividades, animación e pasarrúas de personaxes infantís
  • Ás 12:00 h: Badaladas presentadas por Hernán Sío
  • De seguido: Concerto infantil a cargo de “Ollo Piollo” da compañía Barafunda

  • A partir das 19:00 h: Dj Donper e pasarrúas da Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas e Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
  • Ás 21:30 h: Orquestra El Combo Dominicano
  • As 00:00 h: Badaladas presentadas por Raquel Atanes e
    Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen Anda Ahí” da TVG. Haberá sidra, uvas, cotillón e chocolate
  • Ás 00:30 h: Sesión Dj´s: Dj Samu Pexe e Dj Pitty

Concerto de Generación M

Xeración M

Ás 11.30 horas dará comezo a festa infantil na que a cativada será a protagonista e terá o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pasarrúas de personaxes infantís. O grupo Xeración M, gañador do concurso “Este Nadal canta con nós” da CRTVG, será o encargado de abrir a festa.


Presentadors das pre-badaladas infantís

Hernán Sio

Non faltarán tampouco as doce badaladas infantís, que soarán as 12 do mediodía, presentadas por Hernán Sío, neno do Porriño referente en ximnasia rítmica.


Concerto infantil: Ollo Piollo

Ollo Piollo

Un grupo creado no 2021 co fin de dar unha alternativa galega musical ao público infantil. Formado por músicos e animadores profesionais, en Ollo Piollo logran concertos inesquecibles grazas a ritmos do máis variados, dende country e bosanovas ata hip hop e reggaeton!

Un grupo formado no ámbito da educación, o lecer e o tempo libre que consigue que tanto público novo coma adulto baile, cante e festexe ao máximo!


Dj Donper e pasarrúas das rondallas de Atios e Pontellas

DJ DonperRONDALLA DA ASOCIACIÓN RECREATIVA SANTA EULALIA DE ATIOS ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL RONDALLA DE PONTELLAS

Arredor das 19:00 h dará comezo a festa con Dj Donper e pasarrúas da Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas e Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios


Orquestra El Combo Dominicano

Orquestra El Combo Dominicano

A súa historia comeza no ano 1992, cando os fundadores, naturais da República Dominicana, poñen rumbo ao arquipélago canario coa súa formación “Orquídea” para tocar nos entroidos. As similitude que estas illas gardan coa súa terra, fixéronlles botar raíces aos seus compoñentes.

Tras esa primeira xira quedaron e formaron a nova agrupación, que logo de actuar en diversos puntos serían bautizados polo público canario como “El Gran Combo Dominicano”.

Anos máis tarde chegaría a súa conexión con Galicia e, tras un enorme traballo e facendo grandes sacrificios, leva máis de 5 anos congregando a miles de persoas cada noite entre os meses de maio e outubro.

Esta é, moi resumida, a historia do Combo Dominicano onde ninguén pode pensar que apareceu da noite para a mañá, e que, como saída dunha chistera, converteuse nunha das principais referencias da verbena galega e, probablemente, unha das que máis público está a congregar alá onde actúa.

Grandes músicos, cantantes cuxas voces enganchan, unha enerxía que non desfallece e que parece chegar directamente ás veas do público, unha directión que coñece o negocio como a súa propia man e puxo cada ladrillo deste proxecto, e un equipo ao redor que non deixa nada ao azar compoñen o cóctel ideal para chegar ao lugar que actualmente ocupa El Combo Dominicano.



Presentadores das pre-badaladas

Festa Pre-Fin de Ano 2023

As badaladas estarán presentadas por Raquel Atanes e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen Anda Ahí” da TVG. Haberá sidra, uvas, cotillón e chocolate.


Sesión Dj´s: Dj Samu Pexe e Dj Pitty

Dj Samu Pexe e Dj Pitty

Samu Pexe é un dj de Porriño que traballou en varias salas de Galicia. As súas sesións destacan por mesturar ritmos urbanos xerando unha conexión incrible co público, facendo que cada actuación sexa única e inesquecible.

Pitty é un dj urbano que traballou en salas de toda a xeografía galega e norte de Portugal, compartindo cabina con grandes artistas tanto nacionais como internacionais. As súas sesións están cheas de enerxía e ritmos latinos, creando unha conexión co público de principio a fin.


Festa Pre-Fin de Ano 2023


Cabecera-web-ecultura.png