Narración familiar: Superheroe

| Xoves 8 de setembro. 2022
| Ás 19:00 h
Biblioteca Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Narración familiar: Superheroe

Xunta de Galicia. Ler Conta Moito. Biblioteca Municipal do Porriño


Elenco: Fran Rei
Dirección: Avelino González

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.



Narración familiar: Superheroe


Ler conta moitoBiblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png