Pregón das Festas do Cristo 2022. A cargo de Alfonso Pato

| Sábado 24 de setembro. 2022
| Ás 12:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Pregón das Festas do Cristo 2022. A cargo de Alfonso PatoFotografía: Cris Andina


O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, será o pregoeiro das Festas do Cristo 2022.

Alfonso Pato é Director do Festival de Cans desde a súa primeira edición en 2004, onde formou parte do equipo fundador que puxo ao Porriño no mapa cultural nacional e internacional.

Ademais da súa visibilidade como director do Festival de Cans, Alfonso Pato é Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e ten unha traxectoria xornalística de máis de trinta anos traballando en ámbitos da comunicación en medios como Xornal Diarioe El País, en TVE e na TVG, ademais de multitude de produtoras audiovisuais. Na actualidade escribe habitualmente en El diario.es.

Na TVG desenvolveu unha longa traxectoria como guionista e como director de programas en máis de trinta espazos diferentes. Entre eles, foi director de “Onda Curta” , primeiro programa sobre curtametraxes feito en Galicia, e polo que gañou un Premio Mestre Mateo en 2010. A título individual, foi galardonado tamén co Premio da Cultura que otorga o CRC de O Porriño, unha das grandes entidades locais.

En calidade de xestor de accións culturais singulares nun entorno rural, ten participado en encontros e coloquios por toda España (Bilbao, Oviedo, Cáceres, Madrid, Barcelona…) e en países como Portugal, Francia, Bélxica ou Inglaterra, en universidades galegas e noutras de fóra de Galicia como Deusto, Universidade Católica do Porto, ou Université Sorbonne- Paris 3, de París.

Pertence aos socios fundadores do Sindicato Profesional de Xornalistas de Galicia (SPXG), foi membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego (2010-2012), directivo da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) (2011- 2015), sendo un dos impulsores da recentemente constituída Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia, Proxecta.



Cabecera-web-ecultura.png