| Xoves 4, 11, 18 e 25 de abril. 2024
| Ás 18:30 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
A OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño levarán a cabo os días 4, 11, 18 e 25 de abril, o programa “Educando en positivo para o desenvolvemento da intelixencia emocional e o coidado da saúde mental” no Centro Cultural Municipal do Porriño.
Este programa consta do seguinte:
- Xornada informativa: 4 de abril, ás 18:30 h
Conferencia dirixida a familias con fillas/os de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Impartida por: Vanesa Cal torres, psicóloga / Carlos Rodríguez Lorenzo, terapeuta en PNL e intelixencia emocional.
Auditorio do Centro Cultural Municipal. Entrada libre e de balde ata completar prazas. - Obradoiros: días 11, 18 e 25 de abril, de 18:30 h a 20:30 h
2º andar do Centro Cultural Municipal. As inscricións para os obradoiros serán o día da conferencia, no Centro Cultural Municipal (limitados a 15 prazas/día).
Como podemos axudar a estas familias a prepararse para este escenario, descubrir onde poden achegar valor, adquirir os coñecementos e habilidades relevantes para elas/eles e acadar os seus obxectivos nesta materia.
Achegaremos a “Disciplina Positiva” ás persoas asistentes para aprender a corrixir os comportamentos dos nosos fillos/as a través de límites e normas desde o cariño e a empatía. Coñeceremos as ferramentas que nos permitirán establecer un vínculo emocional con eles/elas e brindarlles seguridade e confianza. Deste xeito, poderase fomentar a súa autoestima, creatividade, comunicación, xestión emocional e resolución de conflitos.
“Pódese educar sen medo, sen berros nin ameazas. Convidámosvos a crear unha conexión marabillosa co voso fillo/a a través destes obradoiros e mais da conferencia“, sinala dona Carolina González, Concelleira de Educación do Concello do Porriño.