Teatro adultos: “Té con Kant”

| Xoves 19 de setembro. 2019
| Ás 21:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Teatro adultos: "Té con Kant"

Un espectáculo da compañía: Inversa Teatro

Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover á reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partir das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destes personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con elas?



Teatro adultos: "Té con Kant"


Cabecera-web-ecultura.png