Teatro: “Bailar no ceo”

| Sábado 18 de novembro. 2023
| Ás 20:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: “Bailar no ceo”

Un espectáculo coproducido por Xerpo e o Centro Drámatico Galego


Bailar no ceo, a montaxe coproducida pola compañía Xerpo e o Centro Dramático Galego, a partir do texto da actriz e dramaturga Ana Abad de Larriva é o resultado do proxecto gañador da segunda edición da bolsa de dramaturxia e creación do Centro Dramático Galego.

A peza fai un achegamento ás orixes da aviación en Galicia, e, en concreto, a dúas figuras pioneiras, José Piñeiro e Chichana Patiño, ao tempo que establece pontes entre a arte, a maxia de voar e a maxia de vivir.

A montaxe está dirixida por Irene Moreira, e foi concibida acorde co espírito contemporáneo e tecnolóxico da compañía Xerpo. A escenificación, segundo explica a compañía, “procura o equilibrio entre a profundidade dos datos biográficos presentes na obra coa poética que fía a obra de Ana Abad de Larriva, nunha posta en escena viva e cambiante grazas tamén á iluminación de Bea de Vega e á animación para as proxeccións de Roi Fernández”. O elenco está formado por Cora Velasco, Álex Sobrino e Ana Abad de Larriva; e Fran Leboso encárgase do son.


Teatro: “Bailar no ceo”


Cabecera-web-ecultura.png