| Xoves 30 de agosto. 2018
| 1ª función ás 18:30 h. / 2ª función ás 20:00 h. ás 20:20 h..
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Público de 1 a 5 anos
Un espectáculo da compañía O baúl da tía Tola.
Estrazalonia é un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o disfrute de todos os públicos en xeral. Unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.
A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa. Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación. En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.