Visita das SS. MM. os Reis Magos de Oriente, percorrido urbano e recepción na praza Arquitecto Antonio Palacios

ACTUALIZACIÓN: novo horario

| Venres 5 de xaneiro. 2024
| A partir das 16:30 h 17:30 h
| Centro urbano e praza Arquitecto Antonio Palacios

Visita das SS.MM. os Reis Magos de Oriente, percorrido urbano e recepción na praza Arquitecto Antonio Palacios

Cabalgata acompañada de personaxes infantís


O Concello do Porriño ten o pracer de anunciar a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao Porriño o día 5 de xaneiro. Irán acompañados dun enorme séquito formado polos seus paxes reais e persoaxes infantís que farán as delicias dos máis pequenos e pequenas na noite máis máxica do ano.

O desfile dará comezo ás 17:30 h dende a rúa Doantes de Sangue. A comitiva irá encabezada pola Rondalla Santa Eulalia de Atios, á que seguirán un total de seis carrozas nas que irán os Reis Magos, acompañados dun gran séquito formado polos seus paxes e personaxes de animación infantil, tamén estará o tren de Nadal e pechará a Rondalla de Pontellas.

O desfile percorrerá a rúa Antonio Palacios, para continuar por Domingo Bueno ata San Sebastián, e dende alí San Bieito, Manuel Rodríguez e Ramón González (zona peonil) para rematar no Parque do Cristo.

A recepción a todos os nenos farase no interior da Casa do Concello. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán na primeira planta, como estivera xa Papá Noel, onde recibirán á cativada para entregarlles caramelos e un pequeno detalle, e escoitar os seus desexos para a noite máis máxica do ano.


RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE

  1. Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
  2. Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
  3. Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento, así que é mellor non deixar que as crianzas se acheguen a elas.
  4. É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
  5. Non distraer aos conductores que levan os vehículos da Cabalgata.
  6. Non perder de vista ás crianzas. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
  7. É recomendable que as crianzas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden.
  8. Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

PERCORRIDO DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE
VENRES 5 DE XANEIRO DE 2024


Click na imaxe para ampliar

Visita das SS. MM. os Reis Magos de Oriente


Cabecera-web-ecultura.png