Voces para Ricardo Carvalho Calero

Voces para Ricardo Carvalho Calero

Neste ano 2020 o Día das Letras Galegas homenaxea a Ricardo Carvalho Calero; unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.

Dende a Concellería de Cultura do Concello do Porriño, contamos coas prezadas voces de veciñas e veciños do noso municipio, para dar a coñecer a obra deste autor tan versátil.


No vídeo que segue a continuación, lese parte da obra de Carvalho Calero e está elaborado coas distintas pezas gravadas desde o confinamento persoal dos e das participantes durante este tempo de corentena provocada pola COVID-19.

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño, agradece a participación de todas as persoas e entidades que colaboraron neste proxecto (por orde de aparición): Iván, Asociación Cultural Os Penediños de Atios, Teté, Eva, Xiada, Miguel, Uxía, Lucía, Jandri, Tatán, Laura, Diego, Clara, Xoana, Amaya, Alberto, Olga, Eva, Juanjo, Iván, Alex, Raúl, Mª José, Bichi, Rubén, Florencio, Candela, Marga, Asociación Cultural de Pontellas, Estanislao, Chelo, Montse, Aurora, Eva, Tibisay, Santi, Puri, Paz, Juana, Icía, Aurora, David, Mana, Lui, Sthela, Damián, Balbina, Paz, Marga, Albina, Asociación de Veciños As Mimosas de Carracido, Kiko, Manuela, Raúl, Noa e Asociación de Veciños de Chenlo.


A continuación, un podcast do Club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño con motivo do Día das Letras Galegas.
Lectura conxunta e comentario do poema “Ferrol, 1916”, do libro Futuro Condicional, de Ricardo Carvalho Calero.

Música: “Sunday Morning”, de Dee Yan-Key.


MÁIS SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero
[ + info ]

Un xogo a partir de preguntas para que avalíes os teus coñecementos sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Canto sabes de Ricardo Carvalho Calero?


Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas
[ + info ]

Concurso infantil de debuxos, comparte os teus debuxos e serán agasallados cun lote de libros


7 Post sobre Carvalho Calero
[ + info ]

Inciativa da Biblioteca do porriño co motivo do Día das Letras Galegas


Carvalho Calero! Un “escape room” dixital
[ + info » ligazón externa ]

Un xogo de pistas, códigos, investigacións… como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información. Elaborado por Patricia Sánchez (A fiestra da mestra)


O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
[ + info » ligazón externa ]

Un escape room elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novas) para aprender sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 mentres xogamos


Carvalho em pessoa
[ + info » ligazón externa ]

Coa intención de dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas de 2020, estanse a lanzar na rede unha serie de entrevistas sobre o profesor. Estes 17 vídeos recóllense na serie Carvalho em pessoa, na canle de youtube da Produtora Através


Cabecera-web-ecultura.png