| Mércores 22 de marzo. 2023
| De 11:30 a 13:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño organizan co alumnado dos centros educativos do Porriño, a actividade educativa que levará a cabo o FCC Aqualia Consorcio de Augas do Louro o mércores 22 de marzo no Pavillón Municipal do Deportes do Porriño de 11:30 a 13:00 h, para conmemorar o Día da Auga 2023.
A relación de actividades que realizara o alumnado cos monitores (trasladada pola entidade organizadora) é a seguinte:
- Entrada dos rapaces.
- Presentación institucional.
- División do alumnado.
- Presentación do Día da auga. Ciclo e importancia.
- Xogos educativos:
- Vinculación da auga coa túa tarxeta: porque é importante a auga para….?.
- Podo tirar polo sanitario…?. Xogo con 3 pelotas.
- A depuración da auga nunha EDAR. Proceso: entrada da auga – filtro de gravas – filtro de areas – bioloxico – UV – saida da auga.
- O meu compromiso coa auga.
- Proba do cloro.
- Despedida.
Participan nesta actividade os centros educativos: CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CEIP Xosé Fernánadez López, CEIP de Atios, CEIP da Cruz-Budiño, CPR Hnos. Quiroga, CPR Sto. Tomás, co alumnado de 4º de EP e alumnado de Aceesca.
O total de participantes é de 198 alumnos/as.