Acendido do alumeado do Nadal 2023

| Mércores 6 de decembro. 2023
| A partir das 17:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Acendido do alumeado do Nadal 2023

O Porriño celebra o Nadal por todo o alto. Este ano o pistoletazo de saída será o mércores 6 de decembro, co encendido do alumbrado na praza Arquitecto Antonio Palacios.

A partir das 17:00 h comezarán os actos coa actuación do Grupo de Gaitas Asubío e un pasarrúas de personaxes infantís. Logo, ás 18:00 h, os máis pequenos poderán disfrutar do espectáculo infantil “A bailar no Nadal”, da compañía Animar-T. Ás 19:00 h chegará o gran momento da xornada co acendido do alumeado de Nadal, e tras o acto de encendido haberá música en directo a cargo do espectáculo musical “Mitic. Christmas Family”.


A partir das 17:00 h:

  • Actuación Grupo de Gaitas Asubío
  • Pasarrúas de personaxes infantís
  • Espectáculo infantil: “A bailar no Nadal!”, da compañía Animar-t

A partir das 18:30 h:

  • Acendido do alumeado de Nadal
  • Concerto: Generación M
  • Espectáculo musical: “Mitic. Christmas Family”

Espectáculo infantil: “A bailar no Nadal!”

A bailar no Nadal

Espectáculo interactivo de Nadal da compañía Animar-T, con cancións cantadas en directo, cantaxogos, panxoliñas, bailes divertidos, maxia, moneco xigante de Nadal, explosións de confetti, explosións de neve de papel no escenario, batalla de globos xigantes e concurso de baile con premio para gañador/a.


Concierto: Generación M

Generación M

Un dos grupos máis novos do panorama musical. Naceron no Tés Talento celebrado no Porriño en 2023, acadando un merecidísimo segundo posto. Só teñen 10 e 11 anos e preséntanse por primeira vez facendo un concerto en directo.


Espectáculo musical: “Mitic. Christmas Family”

Espectáculo musical: “Mitic. Christmas Family”

O universo Mitic expandirase a toda a familia cun concerto que busca espertar o interese dunha futura formación musical nos máis pequenos co descubrimento de novos talentos.

O espectáculo, que contará coa gaita de Costas, o piano de Jacobo González e a voz de Diana Tarín, brindará o talento dun grupo de 10 novos intérpretes. Con idades que van desde os seis ata os trece anos e tocando instrumentos como o piano, o violoncelo, a gaita, a percusión ou mesmo cantando, as novas promesas ofrecerán interpretacións de grandes temas como “Hey Jude” de The Beatles ou “Bohemian Rhapsody” de Queen. Tampouco faltarán interpretacións doutros grandes artistas da historia como Michael Jackson, Bon Jovi, Tina Turner ou Axel Rose.


Acendido do alumeado do Nadal 2023


Cabecera-web-ecultura.png