Celebración do Día da Danza 2023: Studio 57

| Sábado 29 de abril. 2023
| Ás 18:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Celebración do Día da Danza 2023: Studio 57

Celebración do día Internacional da Danza. Studio 57


En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.


JEAN-GEORGES NOVERRE

Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727. Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, de aí que sexa considerado o creador do ballet moderno.

Debutou ante a corte de Luís XV en Fontainebleau en 1742, logo sería invitado polo príncipe de Prusia a Berlín. Ao regresar a París, uniríase ao ballet da Opéra-Comique e despois iría a Estrasburgo e Lyon, onde bailaría ata 1794.

En 1754 compuxo a coreografía do seu primeiro ballet Fêteschinoises (Os festivais chineses). Máis tarde sería profesor de danza na corte de Marie Antoinette e mestre do ballet da Ópera. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.


Cabecera-web-ecultura.png