Concerto: La Patrulla

| Sábado 16 de marzo. 2024
| Ás 12:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: La Patrulla

La patrulla é unha banda de pop-rock que fai un percorrido polos temas máis influentes da década dos 80, 90 e actuais. Ademais fan algunhas chiscadelas a temas clásicos máis antigos.

No verán de 2015 nace La Patrulla, froito do “boom” de actuacións nos diferentes locais de Baiona co afán de ir un paso máis aló no ámbito dos grupos de versións. Unha dos seus principais características é facer rememorar ao público as boas sensacións que viviron ao escoitar por primeira vez aquelas cancións a través dun bo son e unha posta en escena divertida.

Todos os compoñentes do grupo teñen unha ampla experiencia en directos con outras bandas, Los del barro, Doble Zero, Menage a trois, Illah, 21 Gramos… ademais chegaron a telonear a grupos da talla de Coti, Gran Wyoming, Henry Méndez, Seguridad Social, e Siniestro Total entre outros.



Grupo La patrulla


Cabecera-web-ecultura.png