| Obradoiros: venres 9/16/23/30 de novembro. 2018
| De 16:00 a 20:00 h.
| Centro Socio Comunitario do Porriño » ver mapa
| Requírese inscrición previa (prazo pechado)
Inscricións: do 8 ao 29 de outubro 2 de novembro, ás 14:00 h. (prazo pechado)
Recollida de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello do Porriño ou na OMIX
Mais info no teléfono 986 337 624, ou en omix@oporrino.org
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
– Fotocopia do DNI
– Xustificante de empadroamento
– Autorización de participación no programa (só para menores de 12 a 17 anos que acudan sós ao obradoiro)
O programa “Tecendo lazos” ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizaxe e o intercambio recíproco de recursos, ideas e valores encamiñados a producir lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
Promoverase nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais, a empatía e a tolerancia cara ao diferente.
Nestes obradoiro os participantes elaborarán os seus propios xabóns, aromáticos, con aceites esenciais… para o que empregarán todo aquel material de reciclaxe preciso.
ELABORACIÓN DE XABÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO
- Pastillas de Xabón duro con aceite usado
- Elaboración de xabón líquido con aceite usado
- Usos de estos xabóns para quitar manchas, lavado de roupa, fregar o chan e a vaixela
ELABORACIÓN DE XABÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO
- Xabóns para o tratamento do acné, psoriasis, celulite, peles sensibles, escaras, etc.
- Xabóns de arcilla, áloe vera, caléndula, xeranio, lavanda, raíz de lirio, canela, café, benxuí, mel, aceite de hipérico, etc.