Obradoiros Cultura Urbana On Tour

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Domingo 19 de novembro. 2023
| De 17:00 a 19:00 h
| Zona Peonil (en caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do CEIP Fernández López)
| Entrada libre ata completar prazas

Obradoiros Cultura Urbana On Tour

Organiza: Asoc. de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS)
Concellería de Cultura, Concellería de Educación e OMIX do Concello do Porriño


A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) desenvolverá durante o mes de novembro a actividade “Cultura Urbana On Tour”. Trátase dunhas xornadas itinerantes que se celebrarán durante a fin de semana en 10 localidades galegas, (Noia, Negreira, Santa Comba, Lalín, Viveiro, Porriño, Monforte de Lemos, Vilalba, Xinzo de Limia e Melide) empregando a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social (a diversidade familiar, a igualdade, a corresponsabilidade,…) a través de obradoiros, facendo actividades colaborativas de parkour, cap paint, rap e graffiti.

Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos. Nelas fomentarase a expresividade de ideas e inquedanzas a través da creatividade.

A xornada en Porriño terá lugar o domingo 19 de novembro na Zona Peonil (en caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do CEIP Fernández López), en horario de 17:00 a 19:00 horas.

O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso a nenos e nenas de familias monoparentais, familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

Información e inscricións a través da web: www.fagamos.com. Tamén dende o seguinte enlace: https://forms.gle/wcdi2BprqRWKmqNk7.

Haberá unha mesa informativa para aquelas persoas adultas que queiran achegarse a coñecer como solicitar o recoñecemento da condición de familia monoparental en Galicia ou calquera outra duda sobre este modelo familiar.

“Cultura urbana On Tour” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A actividade estará impartida por Vella Escola coa colaboración do Concello de Porriño.

Contacto: info@fagamos.com – Tfno: 633.817.849 – www.fagamos.com


Obradoiros Cultura Urbana On Tour

Os obradoiros de “Cultura Urbana On Tour” trátanse dunhas xornadas itinerantes por 10 localidades galegas, empregando a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social (a diversidade familiar, a igualdade, a corresponsabilidade,…) a través de obradoiros, facendo actividades colaborativas de parkour, cap paint, rap e graffiti.

Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos. Nelas fomentarase a expresividade de ideas e inquedanzas a través da creatividade.

O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro da maneira máis fluida posible, usando as habilidades co corpo humano. Para isto, é necesario sortear os diferentes obstáculos que se presentan no percorrido, e nesta disciplina utilízanse os elementos arquitectónicos das cidades para levar a cabo esta práctica.

O cap paint trátase de deseñar unha gorra pintando nela, por exemplo, o noso nome, empregando letras estilo graffiti pero sempre respetando o estilo propio de cada participante na actividade. Isto fomenta a creatividade e a capacidade de transformar os pensamentos en algo tanxible e visual.

O rap é unha actividade na que aprender a escribir e interpretar versos, e tamén se coñecerán as figuras literarias propias da nosa terra. Outra maneira xenial de fomentar a expresividade e a creatividade.

O graffiti é dende a súa orixe un xeito de plasmar ideas, inquietudes e preocupacións da sociedade a través da pintura mural.


Obradoiros Cultura Urbana On Tour


Cabecera-web-ecultura.png