Obradoiros sobre educación en valores, asistidos por cans de terapia en contornos educativos

| Días 3, 4, 9, 11, 16, 17 de marzo. 2022
| Horario lectivo
| Actividade concertada

Obradoiros sobre educación en valores, asistidos por cans de terapia en contornos educativos

Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, seguindo co propósito do traballo en equipo e promovendo os intereses e necesidades do alumnado dos nosos centros educativos, levaremos a cabo esta actividade, dirixida a alumnado de educación infantil, primaria e Aceesca.

Dita actividade ten dúas partes:

  • Educación en valores: os días 3, 4, 9, 11, 16, 17 de marzo en horario escolar. Está dirixida a alumnado de educación infantil e primaria e contará coa participación de 322 nenos e nenas dos seguintes centros escolares do noso municipio: CEIP Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.
  • Ademáis este ano, levaranse a cabo tódolos martes dos meses de marzo ata maio, obradoiros de educación asistida con cans de terapia para alumnado NEAE e, usuarias e usuarios do Centro de Día (o redor de 50 participantes), do Centro Educativo ACEESCA.

Obxectivos

O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.

Os obradoiros elaboráronse para traballar a solidariedade, o compañeirismo, o respecto, a aceptación das diferenzas, a integración, autoestima e a violencia de xénero, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

Nestes obradoiros abórdanse, entre outros temas, a educación en positivo, o acoso escolar e os contratempos derivados de problemas de conduta, e empréganse os cans como modelo.

A metodoloxía en todos eles é sempre activa, participativa, lúdica e integradora.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, acudiron á primeira quenda destes obradoiros no CEIP Xosé Fernández López, para compartir cos escolares e con Gofre, Trece e Fox, os tres cans participantes, esta experiencia de concienciación e mellora da convivencia.

Preto de 400 escolares participan nos obradoiros sobre educación en valores asistidos por cans de terapia organizados pola concellería de eduación a través da OMIX.


Obradoiros sobre educación en valores, asistidos por cans de terapia en contornos educativos

Valores que deixan pegada


Cabecera-web-ecultura.png