Rompendo a invisibilidade da violencia contra a muller na vida cotiá

| A partir día 5 e durante todo o mes de novembro. 2021
Vestíbulo do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Programación cultural novembro 2021. Concello do Porriño

Organiza: Concellería de Igualdade


Neste 25 de novembro de 2021, desde a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, queremos seguir coa nosa campaña “O amor non é violencia”.

Con este fin, no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, realizarase unha exposición fotográfica acompañada de textos nos que se denuncien os tópicos da trampa que supón o “amor romántico” como ideal da relación de parella.

Amais, realizaranse 4 intervencións artísticas polas rúas do concello, da man de Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e o colectivo Expostas, que porán o foco na violencia que sufrimos as mulleres cando modificamos certos hábitos cotiáns como non camiñar por lugares agachados ou escuros. Preténdese trasladar a mensaxe de que as mulleres, ao igual ca calquera persoa, temos o dereito de escoller libremente por onde camiñar.


Cabecera-web-ecultura.png