Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A maleta de Marta”

| Venres 12 de novembro. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Prazas limitadas
| Cinema para persoas adultas

Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A maleta de Marta”

Organiza: Concellería de Igualdade | Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero


A Concellería de Igualdade programa para o mes de novembro o ciclo de proxeccións de películas “Cinema 25N”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O ciclo terá lugar no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. con aforamento limitado.


Ciclo Cinema 25N

  • Venres 5 de novembro: “O medo” de Jordi Cadena. 2013 [ + info ]
  • Venres 12 de novembro: “A maleta de Marta” de Gúnter Schwaiger. 2013
  • Venres 19 de novembro: “As elixidas” de David Pablos, 2015 [ + info ]
  • Xoves 25 de novembro: “A fonte das mulleres” de Radu Mihaileanu, 2011 [ + info ]

A maleta de Marta

Título orixinal: Marta’s Suitcase
Ano: 2013
Duración: 86 min.
País: España
Director: Günter Schwaiger
Guion: Günter Schwaiger
Música: M.A.M.
Fotografía: Günter Schwaiger e Victor Martín
Interpretación: documental
Produtora: Coprodución España-Austria; Mosolov-P, Günter Schwaiger Film Produktion
Xénero: documental


Sinopse:
Documental que narra simultaneamente dúas historias reais: a do sufrimento e loita de Marta, unha muller andaluza maltratada, e a dalgúns homes que foron agresores e seguen un programa de rehabilitación en Salzburgo, cidade natal do director. Está rodada entre España e Austria, os dous países nos que vive o director, como exemplo claro e evidente da universalidade do problema. A brutal agresión que sofre Marta, atropelada polo seu ex-marido e apuñalada repetidamente é o punto de partida do drama desta muller que, tras a posta en liberdade do seu marido, vive en paradoiro descoñecido. Ao mesmo tempo, o testemuño dun maltratador permite penetrarse na mentalidade desta clase de homes.



Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A maleta de Marta”


Cabecera-web-ecultura.png