Concerto: Exeria

| Sábado 3 de xuño. 2023
| Ás 21:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa

Concerto: Exeria

Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño


Formada por músicos xa rodados, e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos noventa, Exeria únese pouco despois da pandemia, que obrigou a deter calquera iniciativa musical.

Unha nova andaina musical cargada de volume que, en 2022, empezou a tocar por Galicia e que despois da presentación do seu primeiro sinxelo, ‘Un novo nome’, incrementou a súa presenza nos escenarios.

Un grupo de recente formación, pero que conta nas súas filas con membros xa curtidos en distintos grupos como O Caimán do rio Tea, Cool Funeral, Circular ou Met. O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 ́s, e mesmo o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e un tempo concretos determina unha mirada e unha maneira de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre o seu discurso estilístico.



Concerto: Exeria

Concerto: Exeria


Cabecera-web-ecultura.png