Día Internacional da Radio 2023

| Luns 13 de febreiro. 2023
| De 11:30 a 12:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Día Internacional da Radio 2023

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño celebrarán o vindeiro 13 de febreiro, coa colaboración e participación dos centros educativos do Porriño, o Día Internacional da Radio.

Levaráse a cabo un programa en directo de 11:30 a 12:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios. Esta actividade ten como finalidade dar a coñecer e achegar os escolares (un total de 193 alumnos/as, de 5º de educación primaria e alumnado de ACEESCA) o mundo da radio como ferramenta educativa cun enorme potencial, que converte ao alumnado en protagonistas activos e entusiastas do seu propio proceso de aprendizaxe.


Centros participantes

CEIP Antonio Palacios, CEIP Fernández López, CEIP Atios, CPR Hnos. Quiroga, CPR Sto. Tomás, CEIP Cruz-Budiño e ACEESCA.


Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png