Día Internacional das Persoas con Discapacidade

| Venres 3 de decembro. 2021

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Organizan: OMIX do Porriño, Concellería de Educación e Consello da Infancia e a Adolescencia do Porriño


O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase o 3 de decembro de 2021. En 1992, ao rematar o Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a asemblea xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Este decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas á constante mellora da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a asemblea fixo un chamamento aos estados membros para que destacasen a celebración deste día, co obxectivo de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades.

A “discapacidade” ou “incapacidade” é aquela condición baixo a cal certas persoas presentan deficiencias físicas, mentais, intelectuais ou sensoriais que, a longo prazo, afectan a forma de interactuar e participar plenamente con igualdade na sociedade.

Desde a OMIX, a Concellería de Educación, o Consello de participación da infancia e a adolescencia do Porriño e ACEESCA, animamos a todas as persoas a conmemorar este ano o dito día co lema “Reconstruír mellor: cara a un mundo pos-Covid inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con discapacidade”. Ao longo desta semana unha pancarta conmemorativa colgará no edificio do concello e o propio 3 de decembro iluminarase o concello de cor verde.


Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Cabecera-web-ecultura.png