Día Internacional do Cancro de Mama 2021

| Martes 19 de outubro. 2021
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Día Internacional do Cancro de Mama 2021


Cada 19 de outubro celébrase no mundo o Día Internacional do Cancro de Mama, unha data que busca sensibilizar e concienciar as persoas de todo o mundo sobre a importancia de realizar un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía. Tamén se pretende facer un recordatorio do compromiso da sociedade contra o cancro de mama.

A fachada principal e o lateral do edificio do concello estarán iluminados de cor rosa claro con motivo deste día.

Asociacións e colectivos de todo o mundo celebran este día co símbolo dun lazo de cor rosa e desenvolven actividades de todo tipo co obxectivo de concienciar a toda a sociedade sobre a importancia de previr este tipo de cancro.

É recomendable que as mulleres fagan os controis necesarios previstos pola sanidade de cada país, así como manter unha alimentación sa e equilibrada, ademais de facer exercicio físico. Todos estes son factores que reducen considerablemente o risco de padecer este tipo de cancro e, en xeral, calquera cancro.

Pódeste sumar á morea de actividades que realizan as ONG ou as organizacións médicas do mundo, para sensibilizar a poboación sobre esta enfermidade.

Desde a OMIX, a Concellería de Educación e o Consello da Infancia e a Adolescencia do noso concello, animámosvos a que compartades todo o que  descubrades sobre o cancro de mama nas vosas redes sociais e a que motivedes as mulleres para realizaren o autodiagnóstico co cancelo: #DíaInternacionaldelCáncerdeMama.


Día Internacional do Cancro de Mama 2021


Cabecera-web-ecultura.png