Inscricións para o desfile de comparsas do Entroido 2024

| Ata o 31 de xaneiro. 2024
| Sede electrónica do Concello do Porriño

Inscricións para o desfile de comparsas do Entroido 2024

A Concellería de Festas do Concello do Porriño convoca o tradicional desfile de comparsas, dentro do programa de actividades do Entroido 2024.

As bases rexerán a concesión de premios ás comparsas pola súa participación nos desfiles programados polo Concello do Porriño.

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas comparsas constituídas legalmente como asociacións ou clubes sen ánimo de lucro.


Botón descarga as bases do concurso

Botón descarga documento de inscrición

Botón descarga do documento de declaración responsable


Participantes

Poderán optar aos premios establecidos nas presentes bases todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 12 compoñentes, e poderán inscribirse en dúas modalidades:

  • Infantil : ata 12 anos.
  • Adultos : a partir de 13 anos en diante.

O maior número de compoñentes por idades definirá a clasificación da comparsa na categoría infantil ou adultos.
Cada asociación poderá presentar unha comparsa en cada unha das modalidades.


Inscricións e prazo

As inscricións deberán presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante o impreso normalizado para esta finalidade, e achegarán a seguinte documentación de carácter obrigatorio:

  • Fotocopia do CIF da asociación
  • Declaración responsable asinada polo presidente/a da asociación de non ter débedas tributarias nin fronte á Seguridade Social.
  • Certificado orixinal da conta bancaria da asociación.
  • Documentación dos vehículos para a participación nos desfiles:
    – Permiso de condución
    – Permiso de circulación
    – Ficha técnica ITV vixente
    – Recibo do seguro vixente

Continxencias:
Aquelas comparsas que teñan dificultade coa presentación da tarxeta CIF ou documento de exención do IVE, terán que presentar o documento onde se reflicta que esas solicitudes están en trámite, e que se achegarán unha vez as teñan no seu poder.

As asociacións participantes poderán inscribir as súas comparsas ata o 31 de xaneiro de 2024, incluído ese día. Aquelas inscricións realizadas antes ou despois do prazo estipulado nestas bases non serán admitidas, calquera que sexa a causa.


Importe dos premios

A cantidade máxima destinada a premios de participación no Entroido establécese en 15.000 19.050 euros (novo orzamento) con cargo ao vixente orzamento municipal.

ACTUALIZACIÓN: Con motivo do incremento de participantes no desfile do Entroido do Porriño 2024, o Concello realiza unha modificación no apartado “C) Importe dos premios”, das bases do concurso de comparsas con premios á participación no Entroido 2024, incrementado a cantidade máxima destinada aos premios de participación no Entroido en 4.050,00 € sendo o novo importe máximo de 19.050,00 €, e así poder premiar a todas a comparsas participantes.

O importe dos premios determinarase segundo o número de compoñentes da comparsa:

Comparsas de adultos e tamén comparsas infantís

  • de 10 a 19 compoñentes…………….…….. 300,00 €
  • de 20 a 39 compoñentes…………….…….. 550,00 €
  • de 40 a 55 compoñentes ……………….…. 850,00 €
  • de 56 a 85 compoñentes ………………… 1.000,00 €
  • de 86 compoñentes en adiante ………. 1.200,00 €

Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF, de acordo coa lexislación vixente.

O importe máximo establecido de 15.000 19.050 euros (novo orzamento) repartirase ata acadar esta cifra e seguindo rigorosamente a orde de inscrición. Aquelas comparsas que desexen participar no Entroido fóra deste orzamento, poderán inscribirse pero sen opción ao premio por participación.

Se se dera o caso de cambios nas datas dos desfiles por motivos alleos á organización (relcionados co clima, por exemplo), aquelas comparsas que non desfilen nos días estipulados no cambio, recibirán como premio á participación a porcentaxe que lle corresponda segundo o día que desfilen, recibindo o 50% do premio si soamente desfilan un día.


Orde de participación

Nos desfiles participarán en primeiro lugar as comparsas inscritas na categoría infantil seguidas das comparsas de adultos.

Cada comparsa deberá levar un cartel visible na súa parte frontal que indicará o seu nome e o número de compoñentes.


Obrigas das comparsas

As comparsas que aspiren ao premio de participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do sábado e do martes de Entroido; e no acompañamento do enterro da sardiña, o mércores de cinza. Aquelas comparas que queiran participar fóra de prazo, non terán dereito ao premio.


Percorrido nos desfiles

Os desfiles terán lugar nas datas e horarios sinalados no programa de festas do Entroido.

  • Sábado 10 de febreiro: partirá da rúa Antonio Palacios (Instituto Pino Manso) desprazarase por Domingo Bueno, pola praza San Sebastián, as rúas peonís e rematará na praza Arquitecto Antonio Palacios.
  • Martes 13 de febreiro: partirá da praza de San Sebastián, rúas peonís e rematará na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Está totalmente prohibido o uso de animais, sprays ou petardos.

Enterro da Sardiña, o mércores 14 de febreiro: as comparsas participarán no acompañamento da sardiña co seguinte percorrido: saída dende praza Antonio Antonio Palacios, continuando pola rúa Antonio Palacios, a rúa Domingo Bueno, baixarán pola fonte de San Sebastián e seguindo por Manuel Rodríguez ata a praza Arquitecto Antonio Palacios de novo, onde se procederá á lectura do testamento. De seguido, desfilarán pola rúa Peña e rematará preto do albergue de peregrinos (Paseo do Louro).

O velorio terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios (no caso de choiva o Concello asignará un novo espazo) no horario estipulado no programa.

O testamento da sardiña será redactado polas comparsas, pero sen carácter obrigatorio; tamén poderán participar os veciños e veciñas que así o desexen.

O testamento deberá presentarse no Centro Cultural Municipal (1º andar) nun sobre pechado e dirixido á Concellería de Festas, dende o 22 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2024, ambos os dous incluídos, en horario de 9 a 14 h.

Estes percorridos e horarios poderán ser obxecto de variacións.


Comité de observación e valoración de premios

Haberá un comité de observación que será nomeado mediante resolución da Alcaldía e terá competencias para: a valoración das inscricións realizadas polas asociacións, cumprimento da documentación esixida segundo as presentes bases, desenvolvemento dos desfiles, descualificacións e asignación dos premios segundo o número de compoñentes, emitindo unha proposta de concesión de premios que será resolta por resolución de Alcaldía.

Este comité de observación estará formado por un número impar de membros, nomeado pola Concellería de Festas.

A participación supón a plena aceptación do disposto nas presentes bases e o incumprimento de calquera das cláusulas dará lugar á perda do dereito de optar aos premios de participación.


Publicidade

As bases serán publicadas a través dun anuncio nos medios de comunicación local, no taboleiro de anuncios municipal, na web do Concello do Porriño, e noutros medios de difusión que a Concellería de Festas dispoña, para xeral coñecemento.


Cabecera-web-ecultura.png