Teatro: Tantos anos de silecio

| Sábado 20 de agosto. 2022
| Ás 22:00 h.
Barrio de San Bieito » ver mapa

Teatro: Tantos anos de silecio

Cía. Teatro EsteTa. Ciclo de Teatro FeteaGal


A Escola de Teatro de Taboadela (Teatro EsteTa) nace no ano 2020 tras os meses máis duros da pandemia polo SARS-COV2. Comezou a súa actividade en setembro dese mesmo ano coa ilusión de poder crear un grupo onde a xente do municipio poida aprender a facer teatro, a liberarse e a desfrutar enriba das táboas.

A primeira obra estreouse en agosto de 2021, “Os Marcos da Vida” que é unha comedia costumista galega que aborda a problemática social das aldeas en clave de humor, facendo reflexionar ao público sobre as costumes tan antigas que temos arraigadas.

Despois de varias representación decidiron facer tamén pezas de micro teatro para levar o teatro a todos os lugares do concello de Taboadela, sen necesidade de escenario, luces ou equipo de son. De este proxecto saen dúas pezas “Unha noite mallada” e “A beleza do silencio”.

A nova montaxe “Tantos Anos de Silencio”, é unha adaptación da novela homónima do autor Francisco Castro.


Tantos anos de silencio

Ánxela acepta dirixir unha excavavión nunhas fosas comúns da Guerra Civil no pazo de Flavia, en Galiza, onde según a memoria colectiva produxéronse torturas e múltiples execucións.

Ao abrir as fosas, Ánxela e o seu equipo encontrar os restos de seis persoas asasinadas. Pero, ademáis, no mesmos espazo, algo apartado, aparece tamén o esqueleto perfectamente conservado dunha muller con un libro. Como morreu esa muller? Quen era? Que secretos oculta o actual propietario do pazo, o exmililar Darío Rocha? A resposta desvélase nunha representación que alterna a investigación no presente de Ánxela – que a súa vez fuxe da devastadora experiencia dun matrimonio marcado polos malos tratos e a violencia – e a suceción de feitos que tiveron lugar no pazo en 1936.

A mestra Beatriz Varela e a súa filla Ana aplicar nesa época os ideais da Istitución Libre e Ensinanza nas terras de Flavia co ánimo de cambialo todo, ofrecendo ao seu pobo o acceso á educación e á esperanza.

En Tantos Anos de silencio recórdase unha época de escuridade, de vergoña, de paseosna madrugada e tiros nas cunetas, pero tamén de loita por unha vida mellor. Unha montaxe que recupera parte da nosa historia e nos fai pensar en como puido ser vivir naquela época.


Teatro: Tantos anos de silecio

Feteagal


Cabecera-web-ecultura.png