2º Xornada. Acompañando na aventura de crecer (2º edición)

| Venres 21 de abril (2ª xornada). 2023
| Obradoiro: de 16:00 a 18:30 h | Conferencia: Ás 19:00 h
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Acompañando na aventura de crecer (2º edición)


  • Obradoiro: Cre en ti para crear
  • Conferencia: Axúdalles a ver o que outros non ven

Relatora: Patricia García Figueroa (Trazos Class)


Xornadas para familias e profesionais
Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño


Aproveitando a boa acollida que tivo este proxecto, impulsado durante o ano 2022 pola Concellería de Cultura e Igualdade do Porriño, a través da Biblioteca Municipal, apostouse por unha nova edición deste ciclo de xornadas para seguirlle achegando e divulgando información á sociedade adulta, a responsable de guiar e acompañar a nosa infancia.

Coma na anterior edición, as diferentes perspectivas abordaranse desde a oportunidade e o desafío que supón entender mellor o desenvolvemento do cerebro infantil e cal é o noso papel como coidadores/as, sexamos as súas figuras referentes ou as persoas que atendemos as súas necesidades en momentos puntuais. Porque o noso modo de estar presentes, de crear oportunidades e acompañalos/as no seu camiño así coma o modo no que nos comunicamos condiciónaos/as.

Nesta ocasión, vólvese apostar por diferentes perfís profesionais para afondar no campo da comunicación, o procesamento sensorial e a aprendizaxe.

Como novidade, nesta edición desenvolverase antes de cada conferencia, un obradoiro práctico onde se darán e proporán ferramentas prácticas e útiles para aplicar cada día coa conciencia e co propósito de favorecer un bo desenvolvemento infantil. Estes obradoiros levaranse a cabo en grupos reducidos e requirirán inscrición previa no seguinte correo electrónico: biblioteca@oporrino.org

Os relatorios son abertos a todo o público sen necesidade de inscrición.


Acompañando na aventura de crecer (2º edición)


2ª Xornada


Obradoiro: Cre en ti para crear
Venres 21 de abril. De 16:00 a 18:30 h

Centrarase nos alicerces básicos do pensamento creativo e nas súas múltiples posibilidades, tanto dentro da aula coma no fogar, mediante dinámicas e exercicios prácticos que axudarán a percibir que a creatividade e o pensamento creativo son un medio para chegar a máis nenos e nenas, para darlle espazo, oportunidade e, sobre todo, para eliminar as respostas únicas.

O obxectivo será reflexionar xuntos sobre esta realidade e eliminar certos tópicos como: “sempre o fixemos así” ou “iso é a teoría, pero a práctica é outra cousa”.


Conferencia: Axúdalles a ver o que outros non ven
Venres 21 de abril. Ás 19:00 h

Na conferencia asentaranse as bases do pensamento creativo, necesario para ter unha idea clara de todo o que iso engloba e así pornos en marcha. “Para defender algo primeiro hai que manchar as mans”.


Relatora: Patricia García Figueroa (Trazos Class)

Patricia García Figueroa

Mestra, psicopedagoga e defensora da creatividade.

Emprendeu co seu fogar educativo hai nove anos en Redondela. Día a día pon o seu gran de area para axudar, cada tarde, no rendemento e dificultades académicas do seu alumnado, achegando nas súas clases pensamento creativo e recursos que ela mesma crea. Desde hai nove anos combina este esforzo e traballo diario en tentar chegar aos obxectivos mínimos académicos co desenvolvemento de proxectos temáticos, baixo o escenario e pequenos decorados e usando como medio de creación a reciclaxe para crear, así, alumnos e alumnas con criterio propio e capacidade de reflexión e decisión.

Actualmente participa en formacións para o profesorado, en congresos e centros escolares. Creou o seu espazo virtual hai seis anos como ferramenta para chegar a máis amantes da educación e mostrar a súa visión da educación cos seus erros e acertos.

Recentemente publicou o seu primeiro libro Cree en ti para crear: Manual sobre el pensamiento creativo, dirixido a todas aquelas persoas con gana de reflexionar sobre este tema tan necesario: a creatividade.


Axenda Acompañando na aventura de crecer (2º edición)

Xa o sabes, garda na túa axenda os tres últimos venres de abril de 2023! Non o esquezas, ás 16:00 h os obradoiros e ás 19:00 h as conferencias no Centro Cultural Municipal.

Servizo de acompañamento infantil: durante o tempo da charla contaremos con persoal para acompañar as vosas crianzas e aproveitar para mostrarlles o fondo bibliográfico da biblioteca municipal.


  • 1ª Xornada. Venres 14 de abril [ver]
    OBRADOIRO: Comunicación no conflito
    CONFERENCIA: Por que lle doe a tripa?
    Relatora: Gloria González
  • 2ª Xornada. Venres 21 de abril
    OBRADOIRO: Cre en ti para crear
    CONFERENCIA: Axúdalles a ver o que outros non ven
    Relatora: Patricia García Figueroa (Trazos Class)
  • 3ª Xornada. Venres 28 de abril [ver]
    OBRADOIRO: Acompañando desde o respecto
    CONFERENCIA: O conto como ferramenta para abordar dificultades do procesamento sensorial
    Relatoras: Marta Pérez e Paula Madrid (Infancia Meirch&Peich)

Laura Alonso Coto
(coordinadora das xornadas)

Laura Alonso Coto.Coordinadora das charlas acompañando na aventura de crecer

Óptico-optometrista con formación de posgrao en Optometría clínica e Terapia visual. Ampla e continua formación no ámbito do desenvolvemento infantil, así como asistente e relatora en diferentes cursos do ámbito nacional e internacional.

Socia clínica de SIODEC (Sociedade Internacional de Optometría do Desenvolvemento e o Comportamento) sociedade que representa o seu enfoque profesional e de acompañamento das persoas, socia voluntaria de “Abre sus ojos”, con quen colabora nos programas de avaliación a pacientes con discapacidade intelectual e necesidades visuais, así como de “Ocularis ONGD”, asociación que forma profesionais do ámbito da saúde visual en diferentes países de África.

Actualmente é profesora da “Asociación Española de Optometristas Unidos” impartindo cursos para optometristas e dirixe a súa propia consulta de optometría na clínica “Sastre & Rojo” (Vigo).

A súa paixón e experiencia persoal, así coma a súa traxectoria profesional, fai que sinta a necesidade de traballar en equipos interdisciplinarios e coordinar ou impartir cursos e obradoiros de divulgación e prevención visual, entre outros temas do ámbito da saúde e da educación social.


Descarga o programa das charlasPDF ]


Biblioteca Municipal do PorriñoServizo de Normalizacion Lingüística do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png