Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Lejos de ella”

EVENTO ADIADO PARA O 25 DE XUÑO

| Venres 26 de febreiro. 2021
| Ás 19:00 h.

Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricións do venres 19 ao xoves 25 de febrero, ás 00:00 horas, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: "Lejos de ella"

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Desde a concellería de cultura iniciamos, este 26 de febreiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro cultural municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Dirección de Mulleres

  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado para o 26 de febreiro, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. >> Evento adiado para o 25 de xuño.
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’. [ + info ]
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’. [ + info ]
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’. [ + info ]
  • Venres 25 de xuño de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 19 ata o xoves 25 de febreiro, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Lejos de ella

Título orixinal: Away From Her
Ano: 2006
Duración: 110 min.
País: Canada
Directora: Sarah Polley
Guion: Sarah Polley (Historia: Alice Munro)
Música: Jonathan Goldsmith
Fotografía: Luc Montpellier
Interpretación: Julie Christie, Gordon Pinsent, Olympia Dukakis, Wendy Crewson, Kristen Thomson, Michael Murphy.
Produtoras: Foundry Films, The Film Farm, Capri Releasing, HanWay Films e Echo Lake Productions (Distribuidora: Lionsgate ).
Xénero: Drama romántico


Sinopse:
Fiona (Julie Christie) e Grant (Gordon Pinsent) son un vello matrimonio que, despois de superar xuntos momentos moi difíciles, gozan dunha vida cómoda e tranquila. Con todo, este benestar crébase cando Fiona comeza a sufrir perdas de memoria; os seus frecuentes e perigosos descoidos fan que ela mesma insista en ingresar nunha residencia. A partir dese momento, o universo de Grant tamén se desestabiliza e a súa vida sofre un importante cambio.



Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: "Lejos de ella"


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png